Menos leiras e máis humildade política

Carmen Seijas

AGOLADA

14 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A verdade é que non esperabamos ter que responder á voceira do BNG Susana Tato acerca dunha cuestión, na cal alo menos, no fondo, parece que estiveramos de acordo. É público nos plenos celebrados que ela tamén considera un despropósito o que acontece coa Banda de Música e co resto de subvencións nominativas, pero non imos a debater sobre esta cuestión nesta resposta, xa que cremos que a voceira do BNG non fixo esta carta para falar sobre a problemática, senón para atacarnos, e sacarse a espiña de “zurrarlle” ao PP, cousa que parece que vai no ADN do BNG independentemente do tema, de si gobernamos ou non, e mesmo de si temos ou non opinión sobre calquera aspecto, a clave é: “o PP faino mal”.

Pois mire señora Tato, nós estamos onde estamos que é na oposición ao Goberno de Agolada, e os consensos dos que fala creo que xa tivo ocasión de ver vostede que con este Alcalde é imposible, se fora porque nós non queremos, houbera vostede chegado a algún, podemos contar a que acordo chegou polo ben dos veciños nestes dous anos con Luis Calvo? Tivo algún consenso? Ata onde nos chegamos a ver nin tan sequera lle aproba as mocións, e se algunha saca adiante é polo apoio do noso equipo, porque como vostede alardea, nos tamén imos apoiar o que sexa bo para Agolada veña de onde veña.

O que nos non imos facer é acomplexarnos por defender con uñas e dentes a calquera asociación, empresa ou veciño de Agolada. Se iso supón que vostede nos diga que temos unha guerra aberta, xa lle digo que pouco nos importa, nos ao noso, Agolada por encima de todo. Do seu buenismo xa sabemos no noso partido dende hai moito tempo, falan de consensos e de acordos e despois apoian calquera cousa que veña contra o PP. Fano coas parcelarias, fano coa educación, fano coa sanidade, fano coa cultura, o seu é o PP, o único que lle fastidia é que o PP non Goberne para poder darlle aínda mais, pero mire, ese é o primeiro consenso ao cal podemos chegar sen problema, nos gobernar e facer cousas polo pobo, e o BNG “zurrar e zurrar”, así todos contentos…

Di vostede que o PP fixo todo mal no pasado, vaia emenda a totalidade dos seus veciños que tanto tempo apoiaron a gobernos do noso partido. Nos entendemos que son soberanos, cando confiaron en nós pensamos que facían ben, e agora que non o fixeron loitaremos para recuperar a súa confianza, pero non se confunda, con nos poderán contar sempre, no goberno ou nunha oposición, vostedes só aparecen cando ven unha regandixa pola cal meterse aínda que durante anos estiveron desaparecidos, nin tan sequera deron opción aos veciños a que os puideran elixir porque estaban mais preocupados de facer oposición veciñal á Xunta que dos problemas locais dos Agoladeses. Nos estamos e estaremos sempre onde nos digan os veciños, pero sempre.

Que se fixeron cousas mal, dende logo, pero pense vostede; sempre critica as instalación do auditorio porque hai un auditorio, critica o peche da biblioteca porque hai unha biblioteca, como hai un centro de saúde, unha residencia da terceira idade, un campo de fútbol,… bueno coincidirá vostede comigo en que o que critica existe por gobernos do PP e sobre todo pola confianza que os veciños de Agolada puxeron neles.

Di vostede que que casualidade que cada vez que vostedes teñan unha iniciativa ou reunión apareza unha solución do PP, pois adiante, sigan facendo iniciativas e métanos presión se ve que ese lle vale. Nós seguiremos traballando, nós non imos a dicir que vostedes presentan iniciativas cando teñen información de que en algo se vai avanzar… que tamén poderiamos pensalo, pero o importante será acabar cousas, ou non? MENOS LERIA E MAIS HUMILDADE POLÍITICA!!

Mais aló de todo isto e por rematar, ímoslle a deixar claro un tema, con nós sempre se poderá contar, ata vostedes, para o ben de Agolada, pero o que non imos a permitirlle é a súa lería de sempre. Non somos “demos con cornos”, somos veciños cos nosos erros e acertos. Tampouco somos “anxiños happy”, ese papel xa sabemos que é o que buscan vostedes… Iso si, fágao sen terxiversar, a frase de “mais a jaitas que as bandas ten un contesto”, ou vostede non criticou que a axuda a “Bico da Balouta fose maior ca da Banda”, porque eu oínllo, así de clariño, cousa que eu non fixen… os plenos están gravados.

Carmen Seijas

Voceira do PP de Agolada