A Santa Compaña visitará Forcarei o día 2 coa proxección dun documental

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

FORCAREI

20 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Forcarei vai a recibir a visita da Santa Compaña o vindeiro día 2, Día de Defuntos. No Auditorio de Soutelo de Montes terá lugar, a partir das 17,30 horas, a estrea do documental Buscando a Santa Compaña, dirixido por Fernando Cortizo. Nesta presentación cinematográfica, Cortizo, estará acompañado polo escritos e divulgador cultural, Carlos Solla. A entrada é gratuíta.

Posteriormente terá lugar na aldea de San Marcos, la parroquia de Pardesoa, a celebración da que será a décima edición do Roteiro da Pantalla. A actividade está organizada polo colectivo Capitán Gosende, a comunidade de montes de San Marcos e os veciños de Ventoxo. Conta coa colaboración do Concello de Forcarei e o apoio da agrupación de Protección Civil.

O Roteiro parte ás 20.00 horas da capela de San Marcos e a volta ofrecerase as participantes un aperitivo quente. Ás 22.00 horas haberá contacontos en San Marcos e unha cena para a que está aberta a inscrición e ten un prezo de 25 euros, incluíndo o roteiro. O menú consiste en callos e risotto de cogomelos, sobremesas e licores. É necesaria reserva previa. Os organizadores lembran aos interesados en formar parte da Santa Compaña que deberán vestira indumentaria pertinente recomendando sabas, hábitos, farrapos ou traxes mortuorios. A inscrición custa 3 euros.