Debate literario en Forcarei sobre «Grobas» con visita do autor, César López
FORCAREI

O CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei acolleu este venres a segunda edición do Café con Letras, unha actividade que xunta persoas apaixonadas pola lectura para compartir impresións arredor dunha obra literaria.
Nesta ocasión reuníronse catorce lectores con moita ilusión por conversar e disfrutar da experiencia lectora. Tiveron a oportunidade de contar cun convidado especial: César López Cachafeiro, autor da novela GROBAS. Grupo obrigado a asesinar, a obra elixida desta volta para o debate.
O entusiasmo das familias lectoras fixo do encontro un espazo para investigar, comentar e seguir gozando do pracer da lectura en comunidade. Cunha nova noite chea de risas, vivencias compartidas e reflexións profundas, Café das Letras segue a consolidarse como cita imprescindible para os amantes dos libros e as boas conversas.