Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«Co leite ecolóxico crú imos despacio, sin perder calidade, cos pes na terra»

P. V.

LALÍN

29 dic 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Antonio Carral empezou estes días a repartir directamente leite ecolóxica cru en minoristas lalinenses. A súa furgoneta rotulada co leite O Alle que produce e envasa na súa explotación de Filgueira xa circula pola provincia. Consuma una idea surxida fai oito años. É un pioneiro.

-Por fin co produto na rúa...

-Si, a saída á desaparición de explotacións, á prezos baixos e para aguantar no sector era repercutir ingresos sen intermediarios, ofrecer produto de calidade certificada e eso pasaba polo leite ecolóxico, facelo en cru e comercializalo directamente.

-¿Como o acepta o mercado este leite de sempre?

-En tendas especializadas moi ben. Teño un caso en Pontevedra que pasou de unha caixa a semana (dez botellas) a máis de una caixa ó día. Notyras zonas, como Lalín, estamos empezando. Nas de barrio vai mellor. Vanse colocando botellas, introducíndonos, imos despacio non queremos perder calidade, traballamos cos pes na terra.

-¿É as grandes superficies?

-Necesitamos ter máis experiencia,. Fai falta máis cantidade, es necesitase adaptación a sistemas de pago e distribución. Imos despacio.

-¿Cal é o prezo ó consumidor?

-A botella saílle na tenda ao redor de 1,40 ou 1,50 euros. Devolvendo o envase, 20 céntimos menos. Quen merque na explotación, máis barato

-Qué duración ten?

-Os expertos din cinco días. Por seguridade nos fixamos tres, pero pasados eses días si se ferve aguanta cinco días máis.