Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«Como mellor se aprende a enxertar e a podar é vendo como se fai»

P. V.

LALÍN

26 feb 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Francisco González Táboas imparte en Lalín, con Luís Trigo, ambos encargados de XX. AA. deste área na provincia, un curso que promove el Concello de Lalín.

-¿Qué pretenden co curso?

-Explicarlle de modo sinxelo porqué se poda, cál é a época propicia, cómo se fai e tipos de poda en vaso e en pirámide, os máis habituais. O mesmo cos enxertos, explicando épocas e tipo de enxerto propicio a cada frutal. Incidimos nos de púa, máis coñecidos, e nos de xema, que basta con un brote que enxertemos.

-¿E prácticas?

-Logo facémolas, de poda e de enxerto. Como mellor se aprende e vendo as cousas. O traballo de campo é moi bonito. En practicas anteriores podamos una árbore madura entre todos, a xente participa moitísimo.

-Que base encontra no alumnado.

-Cando pregunto din que non saben pero cando empezo a explicar os coñecementos son importantes. Todos viron facelo a páis ou avós. A xente non sabe por qué pero si facelo. Saben como gardar as púas para duren ata a hora de enxertar.

-¿Con qué árbores traballan máis?

-O máis típico son maceiras e pereiras, logo os cítrico, os kiwis, figueiras,... Tamén plantas ornamentais, máis complicado ao haber moitas variedades.

-¿Pídenlle enxertos raros?

-Si, moitos. Hai quen quería enxertar pino e frutal e cousas así. E non falta nunca a pregunta de se inflúe a lúa. Sempre lle dou emoción antes de responder. Deixarémoslle a dúbida ata o último día do curso...