
O Certame Galego de Narracións Breves foi presentado por representantes da Fundación Pedrón de Ouro e do Concello
02 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.O Premio Modesto Rodríguez Figueiredo vense a Lalín. En colaboración co Concello o Certame Nacional Galego de Narracións Breves terá como escenario a capital dezá na súa edición número 42. As bases están xa hoxe a disposición dos participantes que terán de prazo ata o 18 de novembro para presentar as súas obras que terán que ser enviadas por quintuplicado a Fundación do Padroado Pedrón de Ouro a través do Apartado de Correos 627 de Santiago ou o Concello de Lalín, situado na Praza de Galicia 1.
O presidente do Padroado, Xosé Ramón Fandiño e o secretario do mesmo, David Otero, presentaron onte no Concello de Lalín o certame xunto co alcalde, Rafael Cuíña e a concelleira de Cultura, Lara Rodríguez. Os representantes municipais subliñaron a importancia deste premio que, como explicaba David Otero, é itinerante. O acto de entrega terá lugar no mes de xaneiro. O Concello de Lalín, o que os representantes da Fundación Pedrón de Ouro, agradeceron a súa xenerosidade financia os galardóns que son un primeiro premio de 1.000 euros e dous accésits de 400 euros cada un. A Fundación naceu en 1964 para defender a lingua galega. O xurado estará composto por un membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega, outro do Pen Clube de Escritores de Galicia, un terceiro que aporta o Concello de Lalín e un do Padroado, os que se engaden o presidente e o secretario da Fundación, con voz, pero sen voto.
O galardón suma xa máis de un cento de galardoados. Una nómina na que David Otero subliñaba os nomes de moitos, daquela xoves escritores, que co tempo foron consolidando a súa carreira literaria. Unha lista na que está tamén César Carracedo. Os traballos deberán ter un mínimo de cinco e un máximo de trinta páxinas a dobre espazo, orixinais, inéditas e en galego.