CxL propón sumarse ao Ano Castelao con cambio de rúa, un busto e exposición en Liñares

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

19 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Compromiso por Lalín (CxL) presentou unha moción para o seu debate no pleno sobre a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, tras o acordo do Parlamento galego do seu recoñecemento como primeiro presidente do Consello da Galiza. Esta formación propón que o Concello se sume de xeito oficial a ese acordo e apoie a iniciativa da Xunta de propoñer o 2025 coma Ano Castelao.

Desde CxL solicitan que o Pazo de Liñares acolla unha exposición sobre a figura do ilustre rianxeiro no 2025 e que o Concello organice charlas nos colexios sobre Castelao. Tamén propoñen que o goberno local valore cambiar a rúa dedicada a Castelao «por outra máis acorde á grandeza do primeiro presidente da Galiza» e colocar nela un busto na súa honra.