Volve a celebración do San Cidre da man de Punteirolo

amelia ferreiroa

VILA DE CRUCES

16 may 2018 . Actualizado a las 23:38 h.

Sábado dende as 19.30 horas • Domingo ás 13.00 horas • Praza do Concello • Vila de Cruces • Trece anos leva a Asociación Cultural Punteirolo organizando en Vila de Cruces o San Cidre. Este ano tamén o fará. A cita será a vindeira fin de semana, comezando o sábado co Festival de Punteirolo, ao que «virá un grupo de fóra coma todos os anos», puntualiza o presidente Julio López. O grupo de danzas Tío Lobito de Villa de Turégano, Segovia, é a agrupación convidada a un acto no que tamén actuarán os anfitrións.

«Habitualmente tamén tiñamos un grupo galego, pero o espectáculo de Tío Lobito é máis longo e preferimos non cargar moito, xa que pensamos que é mellor quedar con ganas que aburrir; ao ser as comuñóns na vila tamén atrasamos ás 19.30 horas para que poidan vir rapaces da escola a bailar», dixo López. O domingo haberá procesión do San Cidre en carroza despois da misa, e de seguido comezará unha demostración do traballo feito polo grupo ao longo do ano. A agrupación viaxará a Segovia en agosto para devolverlle visita a Tío Lobito e busca as datas reais de inicio do San Cidre na vila.