15 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
Merza (Vila de Cruces) acolleu onte unha nova edición da Eferro Foliada, impulsada pola asociación Zoqueira de Merza da man da artesá local, Elena Ferro. A música, os xogos populares e espectáculos de teatro e monicreques foron protagonistas dunha xornada na que destacaron actuacións como as de Fillas de Cassandra, Xabier Díaz e As Adufeiras, Os Carunchos, As Rumorosas Teatro e a compañía Viravolta Títeres. foto miguel souto