La Voz probouno. E parece que funciona. O primeiro corrector en liña do galego entrou en servizo na web sli.uvigo.es/corrector. Nesa dirección xa é posible acceder o novo sistema, bautizado co nome de OrtoGal, para resolver tódalas dúbidas ortográficas que pode xerar o galego. Para elo nútrese dun dicionario normativo con 60.000 raíces que, flexionadas, permiten o manexo de 25 millóns de palabras. Pero o dicionario desenvolvido polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo e moito máis que un mero corrector ortográfico. A ferramenta gratuíta non só revela as fallas, senón que ademais suxire opcións correctas. As alternativas propostas preséntanse en razón de semellanza con palabras do galego, e tamén apón solucións específicas consonte aos erros máis comúns da lingua escrita, como son os castelanismos, as ultracorreccións ou os estranxeirismos. «Se por exemplo escribimos cuchilo, o corrector pode suxerir coitelo, pese a que formalmente non se parezan», explica o profesor Xavier Gómez Guinovart, un dos impulsores do tradutor. Non é esa a única vantaxe fronte a outros tradutores. OrtoGal incorpora unha base de nomes de persoas e lugar, que reduce as opcións de cometer un erro, e permite corrixir dunha vez hasta 10.000 carácteres. E non precisa de instalar ningún problema. É, en definitiva, una ferramenta lingüisticamente correcta. Moi correcta.