Xa está aberto o prazo para a inscrición
19 sep 2022 . Actualizado a las 11:39 h.Empeza un novo curso e con el o programa Prensa-Escuela, totalmente gratuíto para o profesorado que se apunte. Con el, todos os días da semana La Voz de Galicia chega á casa do profesorado inscrito, e os mércores recibe o xornal na súa aula, para que os seus estudantes aprendan a través do xornalismo e do renovado suplemento La Voz de la Escuela. E só con chamar ao teléfono 902 103 156.
Pensado para mestres de 5.º de primaria en adiante, Prensa-Escuela permite participar en actividades e concursos, con premios para docentes e nenos, e sobre todo gozar na clase do xornal cada mércores e do suplemento La Voz de la Escuela, que ten 40 anos e viviu nestes últimos cursos unha completa renovación.
Froito desa actualización, e volvendo ás esencias do suplemento que naceu o 14 de abril de 1982, La Voz de la Escuela dedica cada semana a súa portada a un tema de actualidade, para que os rapaces estean ao día do que ocorre na súa contorna e no mundo; hai diferentes niveis de profundidade da noticia para adaptarse á madurez dos participantes, e actividades pensadas para tres grupos diferentes. Queremos mozos preparados para participar en sociedade.
Haberá, como sempre, moita divulgación e non só científica, senón tamén de arte, literatura, dereito, economía, historia... E información útil sobre a nova selectividade, grazas a unha colaboración co vicepresidente da CIUG —a entidade que organiza e corrixe a proba— Pedro Armas.
Como novidades, se incorpora un análise dos diferentes sistemas educativos do mundo, sobre todo de Europa; o estudo da historia a través da banda deseñada e volven os pasatempos, pensados especificamente para os lectores de La Voz de la Escuela.
E todo se pode consultar, cada semana, na web do programa: www.prensaescuela.es.