Concelleiro en Compostela, o número un do Bloque pola Coruña é un profesor namorado da historia
05 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.De Néstor Rego podería dicirse que é un nacionalista de pata negra. Con apenas 15 anos, en 1977, ingresou en Erga, a asociación estudantil do nacionalismo, que logo daría paso aos CAF, dos que foi fundador. Daquela aínda tiñan que correr diante da policía. Entrou no BNG en 1982, o ano da súa fundación, e aí segue dende entón como militante da fronte e tamén do partido que manexou o temón: a Unión do Povo Galego (UPG), organización da que é secretario xeral dende o 2012, cargo no que substituíu ao histórico Francisco Rodríguez. Concelleiro en Compostela e tenente de alcalde, exerce como profesor de Lingua e Literatura Galega nun instituto de Santiago, pese a ser licenciado en Historia, unha das súas grandes paixóns.
1. Cantas horas dorme?
Entre seis e sete.
2. Que almorza?
Zume e café con leite .
3. Ten televisión de pago?
Si.
4. Cal é a súa serie favorita?
Ningunha en especial; pero teño saudade dalgunhas series galegas moi boas, como Mareas vivas, que mostraron o noso potencial no audiovisual.
5. Que libro está a ler?
Então, boa noite, do escritor portugués Mário Zambujal.
6. Ten seguro médico privado?
Non. Son da sanidade pública.
7. Vivenda propia ou de alugueiro?
Propia, con hipoteca.
8. Que móbil usa?
Un Huawei.
9. Café, cañas ou viño?
Depende do momento. Café pola mañá; na fin de semana, sempre presta tomar unhas cañas coas amizades.
10. Que coche ten?
Un Citroën C4.
11. Cando foi a última vez que usou o transporte público?
Utilízoo menos do que quixera, polos horarios e as frecuencias desde o meu domicilio.
12. Practica algún deporte?
Acostumo saír a camiñar, especialmente cos meus cans, polo monte Pedroso.