Un ferrocarril do século XXI

Ana Pontón
Ana Pontón TRIBUNA

ESPAÑA

29 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Cataluña recibirá do Goberno de Rajoy 3.882 millóns de euros para mellorar a súa rede ferroviaria de proximidade mentres en Galiza asistimos ao desmantelamento do transporte por tren, que, máis aló da excepción do eixo atlántico, afecta a todo o país. Viaxar entre Ferrol e A Coruña debería ser igual de rápido que coller un par de paradas de metro en Madrid, pero chégase antes en bicicleta que en tren. Facer o percorrido da liña FEVE ao longo da Mariña lucense está ben se unha quere lembrar como se viaxaba no XIX, pero resulta agónico para os usuarios do século XXI. Por certo, estes días pasados, literalmente varados nas estacións mentres o Goberno central vén de suprimir os 12 millóns previstos para modernizar esta liña. O noso ferrocarril tamén precisa de investimentos, pero a diferenza de Cataluña, Galiza non ten un presidente que exerza como tal, senón un mandado de Rajoy, un submiso servidor que ten como prioridade compracer o seu xefe. Así é como entende Feijoo ser militante de Galiza. No BNG queremos para este país un ferrocarril do século XXI, rápido, seguro, moderno, e non imos pasar por menos.