Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

50 anos de Merlín e familia

ESPERANZA PIÑEIRO

FERROL

TRIBUNA | O |

24 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

Hai 50 anos que as andanzas do mago Merlín en Galicia, escritas por Álvaro Cunqueiro, reprodúcense unha e mil veces. Cada vez que un novo lector se adentra en Merlín e familia, volven a cobrar vida esas historias, así como o lugar onde vivía o vello mago, Miranda, rodeada pola selva de Esmelle. O topónimo de Esmelle non se repite noutras terras galegas, só existe para nomear a unha parroquia do noso concello. A Cunqueiro -tan relacionado con Ferrol, e con Ortigueira, vila na que traballou sendo moi novo-, gustoulle, e utilizouno na súa ficción literaria: «quizabes millor que dicila fora pintala, a selva de Esmelle, que cai á man dereita, vindo para iste reino pola banda de León». Hoxe homenaxeamos a Cunqueiro, neste mesmo ano de conmemoración do cuarto centenario do Quixote, libro no que tamén ten presencia a figura do mago Merlín, nos sucesos da cova de Montesinos. E para lembrar a Cunqueiro, nada mellor que as súas propias palabras: «Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a úneca posibilidade de que nós duremos como pobo».