«¿Quen é o poderoso que a trae a droga e nunca o collen?, porque alí non nace»

FERROL

JOSÉ PARDO

A presidenta da asociación veciñal descarta racismo na zona

31 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A presidenta da Asociación de Veciños Virxe de Fátima, Maribel Mouriz, analiza a situación do barrio

-¿Cómo viven os veciños a situación de Freixeiro?

-Aquí todos teñen a opinión de que é un problema serio, non só de aquí, e pregúntanse quen é o poderoso que trae a droga e que nunca collen, porque co campamento non nace. Considero que o problema está no poder xudicial, porque botan o mesmo tempo na cadea os narcotraficantes que os chavales que so levan para o seu consumo. Habería que buscar fórmulas para que estes rapaces se curasen, substituíndo a prisión por internamentos nun centro.

-¿As veces acusan aos veciños de racistas?

-Aquí non hai racismo por ningunha parte, porque os nenos xogan todos xuntos sen problemas, salvo cun pequeno grupo que agora está molestando ó vecindario. Creo que eles tamén son unhas vítimas e que si tiveran traballo unha boa parte deixaría de vender drogas e de consumilas, porque tamén entre eles hai drogodependentes.