Remataron as sesións na Aula Cemit de Xuvia
06 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.As sesións do programa infantil Informática Divertida de Narón xa remataron este venres na Aula Cemit de Xuvia. Ata alí se trasladaron a alcaldesa Marián Ferreiro, e o edil de Novas Tecnoloxías, Román Romero. Nesa Aula Cemit ofertábanse 24 prazas en quendas de mañá e tarde, e dez para cada local social das parroquias.
«Este programa está pensado para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral e, ao mesmo tempo, para que as nenas e nenos de entre 8 e 12 anos poidan divertirse dun xeito tamén formativo, coas novas tecnoloxías», destacou a alcaldesa.
Nenas e nenos aprenderon a programar con Minecraft, Star Wars e Frozen.