Memoria Histórica acolle a nova data do Monumento ás Vítimas de Ferrol «positivamente»
FERROL
Será o 24 de febreiro para que non coincida co período electoral, o PSOE recorda que «somos o único grupo que non está convocado ás reunións»
14 ene 2024 . Actualizado a las 10:59 h.Debido á convocatoria das eleccións autonómicas para o 18 de febreiro, tivo que adiarse a inauguración do Monumento ás Vítimas do Franquismo en Ferrol prevista para o 20 de xaneiro xa que estes actos non poden celebrarse en precampaña nin en campaña. A asociación cultural Memoria Histórica Democrática, que participa nas reunións de historiadores e Comisión Promemorial co Concello de Ferrol sobre esta iniciativa, acolle «positivamente a nova data que permitirá a realización completa dos elementos do memorial, a difusión adecuada do acto e maior participación das familias e persoas interesadas».
Memoria Histórica Democrática reclama a formalización do Consello Sectorial da Memoria, para «honrar a quen perdeu a vida na defensa dos seus ideais de progreso». O monumento no parque Antón Varela (unha escultura de Manuel Patinha) recollerá os nomes das 904 personas asasinadas pola ditadura entre 1936 e 1975, en Ferrolterra, Eume e Ortegal. As obras continúan, na zona traseira do IES de Canido «que hoxe ocupa o solar do desaparecido cemiterio municipal, un dos lugares da comarca con máis vítimas».
Postura do PSOE
O PSOE pide a convocatoria da Mesa de Memoria Histórica, creada polo goberno socialista en 2021, e a formalización do Consello Sectorial da Memoria. Os socialistas reclaman que se «desbloquee a construción deste memorial». E asegura que «non é de recibo que nos enteremos deste feito, entre outros pola prensa, ou como esta nova data na comisión de Cultura... somos o único grupo que non está convocado ás reunións».