Los varamientos de animales marinos se cuadriplican: «Isto é polas alteracións climáticas»

Patricia Hermida Torrente
Patricia Hermida FERROL / LA VOZ

FERROL

Un delfín varado a principios de octubre en la costa gallega, en A Gándara (Narón).
Un delfín varado a principios de octubre en la costa gallega, en A Gándara (Narón).

La provincia de A Coruña registró este verano unos 140, «como golfiños que se adentran nas rías desesperados por falta de alimentos»

14 oct 2024 . Actualizado a las 04:45 h.

El mundo cambia, el planeta Tierra se calienta. Y cada vez más animales marinos acaban varados en las costas gallegas. El fenómeno crece con fuerza en la provincia de A Coruña, donde en los últimos dos veranos los registros se han multiplicado al menos por cuatro con respecto a años anteriores. Desde la Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) indican que tanto en el verano de 2023 como en el de 2024 se contabilizaron unos 140 varamientos (entre 102 y 142 animales por cada uno de esos períodos estivales). Hasta entonces, en las mismas épocas de años anteriores, la media se situaba en 32. El portavoz de la Cemma, Alfredo López, atribuye estos aumentos «aos cambios oceánicos, ás alteracións climáticas».

Este doctor en Biología y especialista en cetáceos asegura que «este ano foi especialmente intenso na chegada de tartarugas mariñas, representan o 10 %; pero os animais que varan con máis frecuencia son os cetáceos cun 80 % dos rexistros, os lobos mariños son o 3 % e despois chegan especies menos frecuentes como as lontras ou grandes peixes (quenllas e peixes lúa)». En toda la costa de Galicia, se registraron en 2024 entre 180 y 250 varamientos (cifra similar a la de 2023 pero muy superior a la de ejercicios anteriores, cuando la media era de 55). Llegan sobre todo al litoral que va de Fisterra a la ría de Vigo, aunque cada vez se ven más delfines o incluso ballenas por las aguas de Ferrol. «Esta costa está máis influenciada polos ventos do oeste, polos temporais que ocasionan», indica Alfredo López sobre estos desembarcos.

Miembros de Cemma, con el delfín Manoliño en Outes
Miembros de Cemma, con el delfín Manoliño en Outes CARMELA QUEIJEIRO

En busca de comida

¿A qué se refiere Cemma con cambios oceánicos? Su portavoz señala que «vivimos toda unha serie de alteracións climáticas que provocan cambios oceánicos, e iso deriva na transformación da distribución de especies (depredadores e presas)». En ese sentido, «peixes que antes eran moi frecuentes en Galicia xa non o son ou desprazáronse a outras áreas; e os depredadores como os cetáceos frecuentan máis as nosa costas na busca de comida».

Los miembros de Cemma registran precisamente los varamientos como efecto de esos cambios: «Cando ves as candorcas cerca da costa é porque alimentos como os bonitos cambiaron polas alteracións climáticas». Alfredo López prefiere utilizar ese término al de cambio climático, «porque o clima sempre cambia pero o planeta está quencendo de forma acelerada, e hai alteracións como épocas moi quentes ou veráns con moitas tormentas».

Los delfines siempre entraban en las rías a alimentarse, «pero agora chegan desesperados e famentos, co fenómeno do afloramento ou unha maior productividade dentro das rías desde xuño (aparecen sardiñas, bocartes)». Además, «os golfiños non controlan as vareas e moitas veces varan vivos, por un erro de navegación cando viñan a alimentarse». Por ejemplo, cuando se adentran por la ría de Ferrol hasta llegar a Narón.

Xan Rodríguez Silvar, no Museo de Historia Natural.
Xan Rodríguez Silvar, no Museo de Historia Natural. CESAR TOIMIL

Xan Rodríguez Silvar (SGHN): «A Ferrol chegaron desde un tabeirón impresionante a unha balea xibarte»

Todo tipo de colaboracións sacan adiante Cemma e a Sociedade Galega de Historia Natural. «Coa delegación de Ferrol temos unha relación moi estreita, tratamos de ampliar a súa colección de mamíferos mariños desde hai moitos anos e colaboramos con eles en aspectos como educación ambiental», indica Alfredo López. Ao frente desa delegación da SGHN en Ferrol atópase Xan Rodríguez Silvar.

—No Museo da Historia Natural da SGHN teñen expostos restos de varamentos.

—Só unha fracción mínima chega a musealizarse. Ao longo de moitos anos colaboramos con Cemma, e no almacén temos moitos máis exemplares que se foron preservando.

—E observaron un incremento dos animais varados?

—Si, porque recibimos moitos avisos que trasladamos á Cemma e colaboramos na medida do posible. Especialmente na área de Ferrolterra temos unha maior axilidade pola nosa ubicación. Aquí observamos nos últimos dous anos unha maior chegada de baleas, vimos o rorcual común que é o segundo que chega ao porto de Ferrol, o ano pasado tivemos un momo (un tabeirón impresionante que desguazamos aquí), a Covas chegou unha balea xibarte prendida nun cabo.

—Algunhas eran infrecuentes para a zona?

—O rorcual é relativamente común, o momo e a balea xibarte non. Nestes máis de 40 anos, en Ferrolterra vimos exemplares peculiares porque é unha zona habitual de varamentos. Ten habido de todo, desde un rorcual alibranco que temos representado no museo. E a exposición de ósos de cetáceos é posible por esa abundancia de varamentos, e pola colaboración de moitísima xente. Esta é unha zona de varamentos porque é zona de paso, aínda que non se sabe con claridade a casuística de cada un: algúns quedan sorprendidos polos temporais, outros por actividades humanas como certas artes de pesca.

—Como poden chegar os golfiños tan adentro das rías, mesmo ata Narón?

—Van detrás dos peixes miúdos, son zonas delicadas para eles porque o control da profundidade resulta máis dificultoso nas rías con tan pouco fondo. E levan sustos porque acaban varados por esa ansia de pillar peixe, en rías con moito sedimento como a zona de Neda ou O Seixo (Mugardos).

—E as visitas medran no Museo da Historia Natural.

—Todas as nosas pezas deste tipo de animais son de varamentos. A máis espectacular pode ser a gran balea de 18 metros, unha femia que varou en Ponteceso. E tanto de Ferrolterra como de Ortegal temos especies moi interesantes, nunha colección única en España. As visitas medraron porque se acelerou o crecemento do turismo. Máis do 60 % das nosas visitas son de turistas ou de xente de fóra de Ferrol, e cada vez máis xente chega á cidade polo noso museo.