O BNG comarcal programa accións na defensa do galego e para lembrar a Castelao

La Voz FERROL

FERROL

CEDIDA

A nova executiva presentou as liñas que a formación seguirá nos vindeiros meses

17 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A nova responsable comarcal do BNG en Ferrolterra, Pilar Lozano, e a recén elixida executiva presentaron onte as liñas de actuación dos vindeiros meses, centradas na defensa do galego e a conmemoración do Ano Castelao. Así, avanzaron que o Bloque se implicará na reactivación da plataforma Queremos Galego, participando na organización do plenario comarcal do vindeiro 23 de xaneiro (20.00 horas, antigo Hospicio).

Ademais, o BNG desenvolverá unha campaña propia no 75.º aniversario da morte de Castelao, criticando ao PP por «negar a condición de nacionalista» do escritor. O BNG tamén continuará as súas accións contra o «espolio eólico», a oposición a Altri e para demandar un novo marco xurídico e político para Galicia.