Ánxela Loureiro recibe o premio 10 de Marzo pola súa loita obreira: «Esa data gravouse na miña memoria»

Patricia Hermida Torrente
P. Hermida FERROL / LA VOZ

FERROL

A homenaxeada Ánxela Loureiro, cunha das súas publicacións
A homenaxeada Ánxela Loureiro, cunha das súas publicacións JOSE PARDO

A escritora e activista de Ferrol é recoñecida «como loitadora incansable polos dereitos sociais»

07 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A escritora, mestra, investigadora e sobre todo loitadora Ánxela Loureiro é unha das tres mulleres recoñecidas por CC.OO. e a súa Fundación polo 10 de Marzo. No Día da Clase Obreira Galega, o sindicato entregará os seus Premios 10 de Marzo en Santiago de Compostela a esta muller ferrolá, á xornalista Ana Pardo de Vera e a Pilar Tellado.

Ánxela Loureiro (Ferrol, 1956) «foi testemuña da represión franquista e loitadora incansable polos dereitos sociais». Aseguran CCOO e a súa Fundación que «viviu en primeira persoa a represión da ditadura, foi detida en varias ocasións e sufriu agresións pola súa actividade reivindicativa». Para Loureiro, «que a fundación co nome 10 de Marzo me distinga é unha honra moi grande, pois esa data quedou gravada na miña memoira e marcou o meu camiño». Ela mesma foi filla dun gran loitador como José Loureiro (que acompañou na ambulancia a Daniel Niebla para doarlle sangue, ata que Daniel morreu asasinado polos tiros da policía franquista nesa data de 1972).

Tamén é guionista e autora de teatro infantil. Tamén rescatou episodios tan apaixoantes como o das leiteiras do rural de Ferrol (que aparece na Memoria histórica de Covas, Esmelle e San Xurxo coordinado por Guillermo Llorca).