Trátase de achegas destinadas a entidades culturais privadas sen ánimo de lucro
19 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello das Pontes destinará 220.000 euros ás achegas para as entidades culturais do municipio no ano 2024.
Estas achegas, destinadas a entidades culturais privadas, sen ánimo de lucro, inscritas no rexistro de Asociacións do Concello das Pontes e que desenvolvan a súa actividade no municipio ou aborden asuntos de interese para a localidade, teñen como obxectivo prioritario dar apoio a ditas entidades e contribuir a que acaden os seus obxectivos, fomenten a participación cidadá, contribuíndo, deste xeito, a impulsar a democratización da sociedade e a fomentar a defensa dos valores da igualdade de xénero e a linguaxe inclusiva.