A poeta Medos Romero, unha das grandes voces da lírica atlántica, xubílase despois de toda unha vida dedicada á enfermería

AS PONTES

A poeta Medos Romero, segunda pola dereita, durante o acto celebrado no Centro de Saúde das Pontes
A poeta Medos Romero, segunda pola dereita, durante o acto celebrado no Centro de Saúde das Pontes C.S.A.

Recibiu o recoñecemento dos seus compañeiros do Centro de Saúde das Pontes, nun acto no que ao tamén se lle rendeu homenaxe a Dolores Cebral, administrativa que se xubila o mesmo día que a poeta

24 sep 2024 . Actualizado a las 22:03 h.

A poeta Medos Romero, unha das máis grandes voces da lírica atlántica, xubílase. Pero non se xubila da poesía, claro está, senón da que foi a súa profesión durante máis de corenta anos, a enfermería. Con tal motivo, Medos recibiu este martes  o recoñecemento dos seus compañeiros do Centro de Saúde das Pontes, nun acto no que tamén se lle rendeu homenaxe a Dolores Cebral, administrativa que se xubila o mesmo día que a escritora.

C.S.A.

«Este é un centro de saúde extraordinario, cheo de grandes profesionais. Sodes unhas persoas marabillosas...!» díxolles Medos, un tanto emocionada, a todos cantos asistiron ao acto de despedida, celebrado nas propias instalacións do centro de saúde pontés.