Cabanas enche a fin de semana con motocrós, unha tarde solidaria e unha andaina a Pontedeume
CABANAS
Cabanas Rural Asociación de Mulleres organiza a xornada de axuda a AFAL Ferrolterra, este sábado no pavillón de Lavandeira
15 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A fin de semana será intensa en Cabanas, coa segunda Xuntanza Motocrós Clásico, este sábado, a partir das dez (inscrición gratuíta e xantar por 15 euros, 10 para os nenos). Haberá tres categorías: clásicas, modernas e nenos.
A partir das catro celebrarase a Tarde Solidaria con AFAL Ferrolterra, organizada por Cabanas Rural Asociación de Mulleres, no pavillón de Lavandeira, cun obradoiro e actuacións da rondalla Cedeira, Airiños de Fene e Alberto Bellón.
E para o domingo está programada unha andaina a Pontedeume, por iniciativa da ADC Poceira Sport, en colaboración coa Asociación de Veciños de Santa Cruz, con saída ás 10.00 e dous percorridos (longo e curto). O prezo do xantar e do seguro é de 15 euros para os socios e as socias e 19 para o resto de participantes.