Rafael López Loureiro presenta este venres en Cedeira un relato biográfico sobre Antón de Garay
CEDEIRA

Narra a historia deste mestre mercando, que foi acusado de «robador corsario de la mar»
13 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.O cedeirense Rafael López Loureiro presenta o libro «Antón de Garay... pirata temerario ou vítima xudicial?», este venres, ás 20.00 horas, no auditorio municipal, onde se poderán adquirir exemplares asinados polo autor.
Este mestre xubilado, investigador e creador publica un relato biográfico sobre o vasco Antón de Garay, e o seu paso por Cedeira, froito dunha arduo traballo de investigación. Trátase dunha autoedición, impresa en Gráficas Lar, en Viveiro, cunha tirada de cen exemplares en galego e outros tantos en castelán.
Describe a obra como «unha crónica cantábrica entre galegos, vascos e madrileños, da morte na forca do mestre mercante Antón de Garay, acusado de robador corsario de la mar, na Coruña, o 31 de outubro de 1509, noite dos Defuntos». A lectura atrapa desde as primeiras páxinas.