O grupo mugardés Teruca Bouza abre en Cedeira o ciclo de teatro afeccionado Fusa Guillén
CEDEIRA
CEDEIRA
Haberá representacións os días 17 e 30 de novembro, e o 1 de decembro
15 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O grupo mugardés Teruca Bouza abrirá o domingo 17 (19.00 horas) a terceira edición do ciclo de teatro afeccionado Fusa Guillén, no auditorio municipal de Cedeira. Representará a obra Unha luz na noite, protagonizada por un matrimonio «estancado na rutina».
O día 30 (20.00), a compañía Oquetiqueiras escenificará a peza Ora Pro Nobis, «un convento perdido nun monte, tres atípicas monxas, un estraño cura e unha novicia...».
Este ciclo rematará o 1 de decembro (19.00), coa actuación do grupo Muiñeiras do Vento, da asociación cultural Muíño do Vento de Canido (Ferrol), coa obra Heroínas cotiás, arredor de todas as mulleres.