El PSOE lleva ocho años al frente de una corporación que siempre había estado en manos del PP
14 may 2023 . Actualizado a las 22:44 h.En el Concello de Cerdido, el 28M se juega a cara o cruz entre dos candidatos sin experiencia de gobierno. El joven Brais Prieto Verdial aspira a que el PSOE, en el poder desde hace ocho años con Benigno Galego al frente, conserve la mayoría absoluta. Y Alberto Rey Paz, al frente del PP en la oposición durante estos cuatro años, opta de nuevo a la alcaldía.
El PSOE reforzó en 2019 la mayoría absoluta que había alcanzado cuatro años antes, con siete de los nueve concejales. Ahora, con la renuncia de Benigno Galego, el PP, hegemónico en Cerdido hasta 2015, confía en que el nuevo escenario le brinde alguna oportunidad.
Con 1.060 habitantes, Cerdido es el municipio menos poblado de la comarca de Ortegal. La pérdida de población es especialmente notable en este concello, con un 36,4 % menos que en el año 2000.
Brais Prieto Verdial, PSOE: «Nestes oito anos avanzouse en servizos sociais e infraestruturas»
Brais Prieto Verdial, técnico de turismo de 26 anos, toma o relevo de Benigno Galego ao fronte da lista do PSOE. Desde neno viviu as xornadas electorais e as campañas, polo labor político de seu pai, e agora animouse «con forza, para impulsar a candidatura». Ve «claramente positivos» estes oito anos de goberno socialista, «con avances en servizos sociais, infraestruturas e subvencións importantes, que quedan de base para agora seguir traballando».
—Renóvase a candidatura.
—Entra unha persoa nova de cada unha das tres parroquias, e máis eu, que son da Barqueira. E tamén vai xente con experiencia [como Rocío Martínez, que repite no número dous da lista, ou Cándido Prieto, seu pai, que leva oito anos no executivo local]
—Por onde vai o seu programa para este mandato?
—Continuar coa prestación de servizos e melloralos, e ampliar e mellorar as infraestruturas. Darlle un impulso ao ámbito deportivo, mellorando o interior do pavillón e o alumeado do campo de fútbol, e con esas dúas instalacións ofertar actividade física para todos. A apertura da biblioteca, organizar actividades polas tres parroquias para xente de todas as idades. Fomentar a participación veciñal, con asembleas anuais nas parroquias e orzamentos participativos. E traballar polo medio ambiente, as asociacións e a terceira idade, outros tres puntos destacados do noso programa.
Alberto Javier Rey Paz, PP: «Foron catro anos de conflitos cos traballadores municipais»
Alberto Javier Rey Paz, biólogo de 56 anos, volve aspirar á alcaldía, logo de catro anos na oposición, vendo como algunhas das súas propostas se aprobaron (un servizo de transporte e cámaras de vixilancia do lume), «pero non se levaron a cabo».
Resume a xestión do PSOE como «catro anos de conflitos cos traballadores, levan tres xuízos e está próximo o cuarto». A nota non é mellor en canto ao mantemento de pistas, «moi mal», igual que na piscina, «que leva meses sen funcionar», e na área recreativa, «moi deteriorada».
Rey Paz tampouco comparte a xestión en relación cos proxectos eólicos que afectan a este municipio: «Non presentaron informes desfavorables ao ministerio, só alegacións». Só ve positivo o cambio de alumeado a led, que realizou o Concello [cunha subvención do Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía (IDAE) de 484.000 euros, o 80 % do investimento total].