
Aparece a nova categoría de Caricatura, para debuxantes a partir de 16 anos
08 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Coa apertura das bases no Boletín Oficial da Provincia este martes, o Concello de Fene xa abre o prazo para participar no XXVII concurso gráfico Curuxa do Humor. A contía dos premios ascende a 5.000 euros, que se repartirán entre as categorías Curuxa, Curuxa Nova e Caricatura. Os orixinais de humor gráfico poderán presentarse ata o vindeiro 31 de maio. Como novidade aparece a categoría de Caricatura, na que poderán participar debuxantes a partir dos 16 anos.