Adrián Dopico e Lucas Sixto reciben as Curuxas

La Voz FENE / LA VOZ

FENE

Entrega dos premios Curuxas en Fene
Entrega dos premios Curuxas en Fene Cedida

Os premios de humor gráfico de Fene xa levan 40 anos de historia

12 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Os premios Curuxas foron entregados este venres en Fene aos debuxantes Adrián Dopico López (Premio Curuxa 2024), Lucas Sixto Carballeira (Curuxa Nova 2024) e Iván Mata Tamayo (primeiro na categoría Caricatura).

No acto, o alcalde Juventino Trigo confirmou que en 2025 haberá outra edición e destacou que «desde o goberno local nos sentimos moi fachendosos por axudar a difundir a obra dos mellores humoristas gráficos do país».

Nos 40 anos de historia, os Curuxas mantiveron unha filosofía de «recoñecemento aos profesionais de humor gráfico», segundo destacou o concelleiro de Cultura, Justo Ardá.