Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Gallofas na escena

roberto taboada FERROL

FERROL CIUDAD

Amargo Sueco roubaron risas en Ferrol.
Amargo Sueco roubaron risas en Ferrol.

04 ene 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai moito tempo (20 anos) en Vigo houbo un rebumbio artístico nos bares. Esas salas habituadas, as máis das veces, a programar concertos acollían a unhas mozas e mozos que se presentaban cos seus disfraces? E o mesmo declamaban, cantaban ou representaban. En escenarios diminutos xuntábanse catro, cinco ou máis. Cambiábanse de vestiario -a ritmo frenético- entre sketch e sketch; había un vestiario ben variado, todo o necesario para recrear a escena dun cabaré. Era o Centro Dramático Clandestino -en clara alusión e contraposición ao que por aquel entón era o buque insignia do sistema teatral galego- actuando no anonimato con nomes artísticos, ao xeito das estrelas de Hollywood: Suso Marnu, Edurne Moreda, Violet Blue e moitas e moitos máis, dirixidos por H.Ch.Hazelwood, tamén autor dos textos.

Pola formación pasou moita xente e algunha dela fixo carreira na tele, no teatro e mesmo na música. O grupo presentaba números coloristas de textos satíricos sobre nacionalismos, Igrexa, consumismo, etc... Cantados, interpretados e bailados con moito humor, era toda unha festa escénica de gamberro resultado.

Hai menos tempo os bares foron tomados polos monologuistas, ao xeito do Club de la Comedia; uns seres que desprovistos de todo artificio escénico e acompañados de taburete e pé de micro, soltaban o seu texto de banalidades, iso si, con moito humor. Consecuencia; risas explosivas, satisfacción, éxito. Hai gloriosas excepcións, con verdadeiros mestres e mestras do stamp- up comedy; con presenza escénica, co xesto preciso, coa voz ben colocada e principalmente, cun texto creativo.

Hai uns días, o pasado 30 de decembro, chegaron á sala Super 8 Lúa Gándara (Vigo, 1988) e Cristina Moreira (Ferrol, 1982), xuntas forman Amargo Sueco, e dadas as datas presentaron a súa versión Nadal do seu espectáculo De Revista, que xa circulou por varios locais da cidade, causando o mesmo rebumbio en cada un deles, reconfortando ao público que sae das súas actuacións.

Moreira é unha actriz formada na escola de teatro de Narón. Participa noutras formacións;Tres de Trasancos e TresDtrans. Escribe e interpreta os seus propios monólogos con grande éxito. Na escena combina con certeza a súa fisicalidade e a súa teatralidade cargada de humor.

Gándara non é actriz, é unha artista plástica -licenciada en Belas Artes- e sonora, formou parte de agrupacións musicais como Omega ou Dolorosa Compañía. É de natureza artística inqueda e curiosa; pinta, compón, canta. Todo elo con grande destreza.

De Revista é un musical de bar con cancións e textos sobre os tópicos do éxito; sacar unhas oposicións, casar cun millonario. Ambas actrices executan con grande humor e desenfado o espectáculo e enfróntanse con moitas táboas ao público, que nun bar non sempre é doado.

Bótase en falla o aderezo escénico e uns textos máis sólidos, debilidades suplidas polas súas fortalezas; a prodixiosa voz de unha, a interpretación da outra e a complicidade entre ambas, Gallofas transmutadas en cabareteiras que souberon roubar a risa.