Historia do INI

La Voz

FERROL CIUDAD

21 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Estaría ben poder estudar sen prexuízos algo tan importante na nosa historia como o INI (Instituto Nacional de Industria). Imitaba á empresa fascista italiana ENI e viña industrializar á forza o país que non atopaba xeitos acudindo tan só á iniciativa privada. Pantanos, eléctricas, carbón, industria metalúrxica, naval, automoción...

O Instituto construía o moito que non se tiña construído e reconstruía o moito que se tiña destruído na guerra.

Algo xa se fixera na ditadura de Primo de Rivera con proxectos rexeneracionistas. O rexeneracionismo estaba de moda. Mesmo se falaba de que o país precisaba un descanso político e debía traballar en proxectos técnicos. O caso é que nestes momentos de desmantelamentos industriais ao mellor sería ben que a xente sabia e entendida nos explicara que foi aquilo do INI e como un ferrolán, o marqués de Suances, convenceu a Franco de que algo había que facer para quitar a España da pobreza. Seguramente nos temos dado moitas présas en cambiar nomes a rúas, escolas e letreiros nos guindastres pórtico.

Por moito que cambiemos as palabras as realidades non se moven tan axiña. Estudar nunca sobra, e de escoitar a economistas con siso tampouco estamos sobrados. Canto capital moveu o INI? Canta riqueza creou? Canto coñecemento técnico desenvolveu? Eu, con gusto, apuntareime a un curso que se chame Historia do INI.

Esta cidade chamada Ferrol, na que naceu e traballou Suances, podía invitar a xente entendida para que nos explicase que foi o INI.