Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Embora celebra 30 anos como editorial en Ferrol e con 20 novos libros este ano

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL CIUDAD

MANUELA R. OLIVER

Celebrará actividades en diferentes cidades de Galicia

02 abr 2023 . Actualizado a las 01:09 h.

Neste mes de abril, a editorial Embora cumprirá 30 anos con máis de 500 títulos no seu catálogo histórico. A conmemoración chega acompañada dun cartel deseñado pola ilustradora Elga Fernández Lamas, e coa continuidade de 261 títulos actualmente nas librarías escritos por 160 autores.

Xa no pasado ano, Embora publicou 30 novidades e para o presente exercicio prevé editar outras 20. O 90 % da súa produción faise en lingua galega. A colección con máis títulos é a Fardel de Soños de literatura infantil, que conta con 60 títulos. A maiores, este público dispón doutras cinco coleccións temáticas que suman outros 64 títulos.

Dentro deste aniversario, Embora participará neste mes de abril en diferentes actividades e presentacións en Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, entre outras localidades.