Os gastos de persoal medran un 13,15 %, ata os 649.300 euros
26 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Ao montante inicial de 1.851.950 euros, o Concello de Moeche sumoulle os investimentos previstos para este ano, por 1.530.796, polo que o orzamento ascende a 3,38 millóns. O documento, que acaba de entrar en vigor, saíu adiante en maio co apoio do BNG e a abstención do PP.
A alcaldesa, Beatriz Bascoy, destaca a suba dun 13,15 % dos gastos de persoal, ata os 649.300 euros, «mantendo a prestación directa de servizos [...] e co incremento de traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar».
A rexedora tamén subliña «o mantemento do esforzo inversor, sen recorrer ao endebedamento nin á suba de impostos».