
As persoas interesadas que reúnan os requisitos teñen todo o mes de febreiro para solicitalo
05 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.As persoas que cumpran os requisitos poden solicitar a súa entrada na bolsa municipal de emprego do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Moeche, ao longo do mes de febreiro. O Concello abriu o prazo para actualizar as listaxes.
Fai falla ter os certificados profesionais de auxiliar de axuda a domicilio, atención sociosanitaria a persoas dependentes ou a dependentes en institucións sociais.
Unha vez finalizado ese período será cando se xunte a comisión de valoración encargada de analizar toda a documentación e de asignar as puntuacións segundo o baremo oficial, segundo indican desde o Concello.