As Pontes prepárase para vivir a súa primeira Noite Heavy, o 18

LA VOZ AS PONTES

MUGARDOS

CEDIDA

Actuarán a banda local Raze e os ferroláns Cranio

10 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

As Pontes lanza unha nova proposta cultural, a primeira Noite Heavy, coa que o Concello quere dar resposta «ás inquedanzas musicais da veciñanza e achegar a cultura heavy rock a todos os públicos», como indica a concelleira de Cultura, Lorena Tenreiro.

Será o día 18, a partir das 22.30 horas, no patio do colexio Santa María, coa participación da banda local Raze, de thrash metal, formada no 2007. «Comezou tocando thrash clásico, evolucionando sen perder a esencia», destacan desde o Concello. O seu último traballo, o disco Grave for the weak, foi gravado no estudo JFT Producciones, mesturado e masterizado por José Fernando Tercero.

Á medianoite subirá ao escenario Cranio, banda de heavy metal creada no 2017 en Santa Mariña (Ferrol), con integrantes de Mugardos e Ares. No 2020 gravaron o primeiro disco. Berto, de Cranio, e Maca, de Raze, convidan á veciñanza a gozar dunha velada «de moita diversión».