O BNG pide á Xunta que medie coa Igrexa para que Mugardos poda facerse coa casa de Bello Piñeiro

La Voz MUGARDOS / LA VOZ

MUGARDOS

Bernardo Máiz ante os murais da casa de Bello Piñeiro
Bernardo Máiz ante os murais da casa de Bello Piñeiro CESAR TOIMIL

O edificio alberga uns murais creados polo pintor nos anos 40

05 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A casa de Felipe Bello Piñeiro alberga murais creados polo pintor nos anos 40: elefantes e cabalos nas cores branco, azul e amarelo. No Parlamento galego, o BNG reclamou á Xunta que medie coa Igrexa para que Mugardos poda facerse coa propiedade dese inmoble (agora en situación de abandono).

Segundo o deputado nacionalista Ramón Fernández, «pedimos axilidade para salvar os murais da vivenda de quen foi un dos máximos representantes da corrente paisaxística galega». O PP votou en contra da iniciativa.

O BNG recalca que pretendía «salvar a casa do estado calamitoso no que se atopa, non actuar con axilidade suporía unha perda irreparable dun patrimonio valiosísimo», tanto polo valor arquitectónico do inmoble como pola importancia dos murais redescubertos polo historiador Bernardo Máiz.