O ciclo «Elas» trae ata o Pazo da Cultura ás novas directoras do cinema español
NARÓN
Durante o mes de febreiro
28 feb 2023 . Actualizado a las 16:07 h.Ao longo do mes de febreiro, as melloras obras das novas directoras do cinema español poderán verse no Pazo da Cultura de Narón. A través do ciclo Elas, proxectaranse catro películas con entrada de balde con horario a partir das 20.00 da tarde.
Segundo adiantaron a concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, e o presidente do cineclub Serie B, Alberto Pena, a primeira cita será coa premiadísima Cinco lobitos da vizcaína Alauda Ruiz de Azúa. Ten once nominacións aos Goya, incluídas as de Mellor Película, Mellor Dirección Novel e Mellor Guión Orixinal. «Conta a historia dunha muller que despois de ser nai e ausentarse a súa parella por motivos laborais decide regresar ao pobo dos seus pais para compartir as tarefas e a responsabilidade de coidar ao seu fillo», avanzan dende o Concello. A película obtivo este ano o premio á Mellor Película Europea na XV Gala dos Premios Gaudí da Academia do cine catalán.
«Alcarrás» de Simón
O mércores 8 será o turno de Carla Simón, directora de Alcarrás, tamén con once nominacións aos Goya e gañadora do Oso de Ouro de Berlín o pasado ano. O filme é «unha homenaxe a unha familia de tres xeracións que se adica ao cultivo de melocotóns en Alcarrás».
Libertad é o título do filme que se proxectará o 15 de febreiro, de Clara Roquet. O ciclo rematará o día 22 con Las niñas, de Pilar Palomero. A película obtivo nove nominacións aos Goya e gañou no 2020 os premios de Mellor Película e Mellor Dirección Novel, entre outros.