Apego ofrecerá en Narón seis espectáculos para público infantil e familiar

La Voz NARÓN / LA VOZ

NARÓN

Anteriores actividades de Apego en Narón
Anteriores actividades de Apego en Narón JOSE PARDO

Iniciranse o 17 deste mes no centro cívico social de San Xiao

10 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Durante o presente trimestre, o programa Apego ofrecerá en Narón un total de seis espectáculos dirixidos ao públicos familiar e infantil. Celebrarase no centro cívico social de San Xiao, e os interesados en acudir xa poden anotarse.

Segundo avanzou a concelleira de Política Lingüística, María Lorenzo, a primeira proposta terá lugar o 17 deste mes con Provocacións de inverno de Melissa Cimas. Tamén este xaneiro poderá verse a obra Xela, a superheroína de aldea de Inma Soto. Xa en febreiro, o día 7 escenificaranse Os tres porquiños de Migallas Teatro, e o 21 Arrolar de Fundación Legar

 Xa en marzo, o día 13 representarase O peirao de Diáspora Teatro; e o 20 Casa, casiña, casona de Marta Ortiz. Toda a información ao completo pode consultarse na web www.naronengalego.gal, no apartado de actividades.

 Segundo recordou a concelleira da área, este programa impulsado a través do Servizo de Normalización Lingüística de Narón «ten entre os seus obxectivos arroupar a crianza en galego, mellorar a socialización en lingua galega das crianzas e crear redes e comunidade que apoien e sosteñan o uso da lingua nun contexto familiar, lúdico e interactivo».

As propostas están integradas por contos, música, teatro, maxia e humor. Para inscribirse de balde é preciso enviar un correo electrónico ao mail a.pita@naron.gal indicando o nome da actividade, o nome e idade da nena ou neno e do pai, nai ou persoa acompañante, un enderezo electrónico e un teléfono.