Celébranse a partir deste venres
31 ene 2024 . Actualizado a las 00:06 h.Entre febreiro e abril, uns 300 estudantes da ESO asistirán aos obradoiros de regueifas convocados polo Concello de Narón (a través do Servizo de Normalización Lingüística). Segundo a edil responsable do citado servizo, María Lorenzo, «trátase dunha acción formativa que busca familiarizar ao alumnado ao que se dirixe coa regueifa, xénero de improvisación oral do patrimonio cultural galego que atrae á mocidade polo enxeño e que fomenta o uso do galego».
A regueifeira Guadalupe Blanco será a encargada de impartilos nos institutos das Telleiras e Terra de Trasancos, no CPI do Feal e no CPR Jorge Juan.
A primeira sesión celebrarase o vindeiro venres, 2 de febreiro, no Feal, «onde o alumnado traballará coa regueifeira contidos como a estrofa, a rima, a tonada, o verso, a musicalidade… a arte da improvisación e da retranca».