Os programas para a socialización en galego regresan a Narón

La Voz NARÓN / LA VOZ

NARÓN

Actividades de Apego en Narón
Actividades de Apego en Narón JOSE PARDO

Actividades para os nenos en Apego e Guizo

19 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Narón retoma neste semestre os seus programas para a socialización dos nenos en galego, Apego e Guizo, a través da súa área de Normalización Lingüística.

O primeiro deles trae espectáculos como o que se representará o día 29 no centro cívico de San Xiao, O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa de Calavera Teatro.

 

E Guizo ofrece actividades no centro cívico social do Couto. Este sábado fíxose unha de supervivencia na natureza, e a seguinte será o 15 de febreiro cando haberá outra actividade sobre microbioloxía.