Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Marián Ferreiro asiste á reunión das alcaldesas de Galicia

La Voz NARÓN / LA VOZ

NARÓN

Encontro de alcaldesas e concelleiras no que participou Marián Ferreiro
Encontro de alcaldesas e concelleiras no que participou Marián Ferreiro Cedida

Abordáronse os proxectos municipais de igualdade

01 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

No segundo Encontro de Alcaldesas e Concelleiras, organizado pola Fegamp este xoves, participou a mandataria de Narón, Marián Ferreiro. A alcaldesa asistiu a unha mesa sobre riscos e ameazas para as mozas, cos concellos como garantes «dos dereitos para todas».

Ferreiro destacou «a importancia de celebrar este tipo de iniciativas e agradeceu o convite á mesma, para a continuación relatar algunhas das actuacións levadas a cabo dende a administración local naronesa na área a abordar». Alí explicou o III Plan de Igualdade, a entrada en vigor do Punto Violeta, ou as campañas como A Igualdade polos Pelos (sector da perrucaría e estética) e A noite en Igualdade (ocio nocturno).

No ámbito cultural, a rexedora de Narón mencionou tamén a convocatoria, dende hai dez anos, do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular, no Pazo da Cultura, e cunha presenza maioritariamente feminina.