
Será unha das citas máis madrugadoras deste sector na comarca
24 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A xa tradicional Xuntanza de Palilleiras de Neda chegará á súa edición número dezanove, que se celebra o 8 de marzo no pavillón municipal Ale de Paz.
Será unha das citas do sector máis madrugadoras na comarca, coa organización de Filigrana e o apoio de Concello, Deputación e Artesanía de Galicia.
Alí poderán verse «auténticas obras de arte», como indican desde o Concello. E os interesados e interesadas en participar poden inscribirse ata o 1 de marzo, chamando ao teléfono 637 732 668 ou enviando unha mensaxe de WhatsApp.