As palilleiras de Neda logran un novo éxito con 370 asistentes de Galicia e Soria
NEDA

Os visitantes puideron seguir en directo o traballo das artesáns
09 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Xuntanza de Palilleiras de Neda marcouse onte un novo éxito, dentro da súa edición número dezanove e cun total de 370 participantes. Chegaron de toda Galicia e tamén de Soria coas súas «encajeras», nunha cita organizada pola Asociación Palilleiras Filigrana co apoio do Concello.
O alcalde, Ángel Alvariño, encargouse de inaugurar o acto «no que nedenses e visitantes puideron seguir en directo o traballo artesán que realizan estas auténticas mestras (e algún que outro mestre) do bolillo». A cita transcurriu de mañá e tarde, xunto con postos de venda de material e sorteo de agasallos no pavillón municipal Ale de Paz.
O obxectivo era «pór en valor, aproveitando a conmemoración do Día Internacional da Muller, o labor destas mestras do encaixe» a través de medio cento de agrupacións.