Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Terras do Ortegal presenta o «Cancioneiro de Santo André de Teixido», en Ortigueira

LA VOZ ORTIGUEIRA

ORTIGUEIRA

Xosé María Torres y Vanesa trevín, miembros de la Sección de Amigos do Museo Etnográfico de Teixido de la Asociación Cultural Terras do Ortegal
Xosé María Torres y Vanesa trevín, miembros de la Sección de Amigos do Museo Etnográfico de Teixido de la Asociación Cultural Terras do Ortegal CEDIDA

O acto terá lugar no Teatro de Beneficencia e rematará cunha actuación do grupo Os Carecos

02 jun 2022 . Actualizado a las 19:47 h.

A Asociación Cultural Terras do Ortegal, que editou o libro «Cancioneiro de Santo André de Teixido», do cedeirés Xosé Antonio Suárez Aneiros, organiza a presentación da obra, este venres, ás 19.30 horas, no Teatro de Beneficencia, en Ortigueira. Ademais do autor, intervirá a arqueóloga e responsable da edición do traballo, Vanesa Trevín.

Para rematar o acto, o grupo Os Carecos, da parroquia de San Claudio, actuará no escenario. As presentacións continuará o día 10 (19.30 horas), no local social de Cariño (no baixo do concello).