Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

José Manuel Ortigueira Bobillo achega o «gran descoñecido» río Sarela, en Santiago

La Voz

ORTIGUEIRA

Cedida

Presentou onte un libro no que recolle a paisaxe cultural ligada a este cauce fluvial

24 feb 2023 . Actualizado a las 04:55 h.

O río Sarela son moito máis que dez quilómetros de curso fluvial ente Pardaces e Vidán. Queda patente no libro de José Manuel Ortigueira Bobillo, que acaban de publicar o Consorcio e a editorial Alvarellos. «Sarela. Paisaxe cultural» recolle a historia do río, así como a explicación da conca, o clima, as pontes, os esquecidos petroglifos, o seu nacemento, fontes e lavadoiros, así como a súa flora e fauna, e a industria arredor da cunca fluvial.

A pesares de ser unha parte fundamental de Santiago, «as súas poéticas augas e a súa riquísima contorna seguen a ser unhas grandes descoñecidas», afirma o autor, que onte presentou o libro acompañado pola xerente do Consorcio e o director da editorial, entre outros.