Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Exposición sobre a emigración, desde o día 12, e charla sobre a masonería, o 19, no local da Devesana, en Ortigueira

LA VOZ ORTIGUEIRA

ORTIGUEIRA

A escritora e xornalista María Xosé Porteiro
A escritora e xornalista María Xosé Porteiro ADRIÁN BAÚLDE

A escritora e xornalista María Xosé Porteiro é a poñente do día 19

17 abr 2025 . Actualizado a las 16:36 h.

A Sociedade de Instrución e Recreo La Devesana celebra a primavera coa exposición «O soño cubano da emigración galega», do Consello da Cultura Galega, que se inaugurará este sábado, día 12 de abril (19.00 horas), no local que ten na parroquia de Devesos, en Ortigueira.

Nesa mesma xornada terá lugar unha visita oficial de Juana Caridad Fernández, presidenta da Agrupación de Sociedades representativa de Municipios e Parroquias de Galicia en Cuba.

E o sábado 19 de abril, ás 19.30, a xornalista e escritora María Xosé Porteiro falará sobre «a masonería, unha ponte entre Galicia e Cuba». Colaboran o Consello da Cultura Galega, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.