Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Charla sobre a proclamación da República Galega, en Pontedeume

LA VOZ PONTEDEUME

PONTEDEUME

JOSÉ RÍOS

Uxío-Breogán Diéguez, doutor en historia, será o poñente, na Casa da Cultura

29 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Uxío-Breogán Diéguez, doutor en historia e profesor encargado da cátedra da Memoria Histórica da UDC, falará da proclamación da República Galega, en xuño de 1931, nun acto organizado polo Ateneo Fernán Martís para este venres (20.00 horas), na Casa da Cultura de Pontedeume.

Dará as claves «dunha revolta contra o Goberno español, pola suspensión das obras do camiño de ferro de Zamora á Coruña, co conseguinte despedimento de 15.000 traballadores». Como explican os promotores desta actividade, «o ministro de Fomento, Indalecio Prieto, tentaba desprazar o investimento de Galiza para as obras do porto de Bilbao, o seu feudo electoral».

«Ante a República Galega, o Goberno español rectificou: readmitiu aos traballadores e continuaron as obras do ferrocarril. O Goberno provisorio da República Galega, presidido por Antón Alonso Ríos, disolveuse», explica.