Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Xornadas micolóxicas do colectivo Terra en Pontedeume

LA VOZ PONTEDEUME

PONTEDEUME

JOSÉ PARDO

Hai saídas guiadas na fin de semana

16 nov 2024 . Actualizado a las 11:23 h.

As décimo cuartas Xornadas Micolóxicas organizadas polo colectivo Terra, en Pontedeume, comezaron o venres e seguen hoxe, cun roteiro guiado ao Forgoselo (9.30 horas) e unha palestra micolóxica (18.00), con José M.ª Costa Lago.

Acabarán o domingo, cunha saída guiada ás Fragas do Eume (10.30) e a presentación da «Nova guía de cogumelos de Galicia», con José Manuel Castro Marcote (17.00)

Na xornada inicial presentouse o libro de Luis Cuba sobre os cogomelos de Ortegal, aparte de facer unha sesión de identificación de exemplares.