San Sadurniño remata os actos do 8M con música e baile tradicional

LA VOZ SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

C. GALDO

Será este sábado, a partir das seis da tarde, na Casa da Cultura

23 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Os actos organizados pola Concellalía de Igualdade de San Sadurniño polo Día Internacional da Muller, que se conmemorou o 8 de marzo, rematan este sábado, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura, con música e baile.

Empezará o grupo de maior idade da Asociación Cultural Brío, cunha montaxe do tema «Tola», de Fillas de Cassandra. Despois actuarán a escola municipal de gaita e percusión, a agrupación de baile tradicional e as pandeireteiras.

Soará, entre outras pezas, a xota de Vilar, coa letra de «Que non mo neguen», das Tanxugueiras. Nesta letra resoan os ecos da sororidade do cancioneiro popular galego que, porén, tamén ten exemplos do contrario e, de feito, «en moitas coplas tradicionais afloran o machismo, a degradación e incluso a normalización dos abusos contra da muller», apunta Oriana López, técnica municipal de Igualdade.