O sector primario, no punto de mira desde San Sadurniño

LA VOZ SAN SADURNIÑO

SAN SADURNIÑO

Na primeira xornada tamén interviu o concelleiro de Desenvolvemento Local, Manolo Varela
Na primeira xornada tamén interviu o concelleiro de Desenvolvemento Local, Manolo Varela CÉSAR GALDO

As xornadas organizadas polo Concello comezaron o venres e seguirán os días 15 e 16

12 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O envasado e a comercialización de produtos apícolas foron os temas que tratou o apicultor e técnico da Casa do Mel Iago Vilela na primeira xornada do novo ciclo Apostando polo sector primario, organizado polo Concello de San Sadurniño, en colaboración coa Casa do Mel, AGFA do Eume e a Asociación Agroecolóxica A Cortiña (na foto).

Seguirá o 15 (19.00 horas), co profesor e investigador Tonecho Meixide, que falará dos retos e oportunidades do sector froiteiro; e o 16, con charlas sobre o proxecto agroalimentario EoAlimenta (10.00).

Nesa última xornada tamén se exporá a experiencia de tres mulleres que xa elaboran os seus produtos no espazo colaborativo A Fusquenlla (12.00).