San Sadurniño abre a inscrición no torneo afeccionado de xadrez que se disputará o 19
SAN SADURNIÑO
SAN SADURNIÑO
Vai dirixido a maiores de 11 anos, que estuden no CPI ou non
11 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A Concellaría de Deportes e a Asociación Galega de Xadrecistas organizan un torneo para maiores de 11 anos, que se celebrará o 19 de decembro, a partir das 12.00 horas, na galería do Concello de San Sadurniño.
A inscrición é gratuíta e o luns, día 16, será o último día para poder formalizala. Disputarase en seis roldas polo sistema suízo (non se elimina a ninguén e cun máximo de 50 xadrecistas).
O obxectivo é «fomentar a práctica desta disciplina entre a veciñanza, sobre todo entre a máis nova». Aínda que o torneo contará maioritariamente con xogadoras e xogadores do CPI, poderá participar «calquera persoa maior de 11 anos que saiba os movementos das pezas, independentemente do seu nivel de xogo».